Entradas

Comezamos un novo proxecto!!

Imagen
 Comezamos un novo curso e, como non podería ser doutro xeito, continuaremos realizando novas actividades relacionadas co estudo e coidado da nosa natureza.  Para iso este curso intentaremos estudar en profundidade todo aquilo que ten que ver co estudo de diferentes ecosistemas centrándonos especialmente no ecosistema acuático . E para facelo dun xeito o máis próximo posible elaboraremos no noso patio unha charca á que lle daremos vida!! Esperamos poder contar coa colaboración de todos e todas vós!! Por outra parte non nos esqueceremos de manter activo o noso horto, cultivando nel diferentes tipos de planatas e verduras. De feito, os nenos e nenas de 1º e 2º curso de educación primaria desenvolveran neste curso un taller específico relacionado co horto no que prepararán, plantarán e coidarán diferentes tipos de plantas. Xa nos puxemos mans á obra e..., mirade mirade que gañas lle puxemos!!      Preparamos a terra arrincándolle as malas herbas e as pedras! Aporta...

Rematamos o proxecto deste curso!!!

Imagen
O curso 2020/21 chegou ó seu fin, e con el rematamos o proxecto de Voz Natura deste curso. Para iso, e co fin de que o traballo realizado neste curso en relación coas diferentes árbores do noso patio se poida ver outros anos, rematamos colocando a cada unha das árbores que habitan no patio un letreiro identificativo no que aparece o nome común da especie, o seu nome científico e un código QR que nos enlaza cos diferentes vídeos que cada grupo elaborou e que explican polo miúdo todo aquilo que debemos saber destas árbores. Mirade que ben quedaron!!! Moitas grazas pola vosa participación (nenos e mestres), foi realmente un pracer investigar sobre algo que temos moi preto de nós e co que convivimos todos os días.  De cara ó vindeiro curso continuaremos participando en Voz Natura. Esta vez o proxecto xirará en torno á creación dunha charca no noso patio que nos servirá para darlle vida e, ó mesmo tempo, estudar en profundidade o ecosistema acuático (auga doce). De seguro lle sacaremos ...

A Jacaranda e a Hortensia

Imagen
Os nenos e nenas de 5ºB estiveron investigando sobre A Jacaranda e A Hortensia. Toda a información que obtiveron recollérona nas seguintes fichas técnicas. Remataron a actividade elaborando uns estupendos vídeos nos que recollen o máis importante destas especies.   

O Liquidambar e O Loureiro Real

Imagen
Os nenos e nenas de 5º A investigaron sobre O Liquidámbar e O Loureiro Real.  Toda a información recollérona nas seguintes fichas técnicas así como nos vídeos explicativos.   Fixádevos que bó traballo.  

O Cotonaster, A Catalpa e o Berberis

Imagen
 Os nenos e nenas de 6º de educación primaria A investigaron sobre A Catalpa, O Berberis e O Cotonaster. A continuación podedes ver o excelente traballo que fixeron.