Comezamos un novo proxecto!!
Comezamos un novo curso e, como non podería ser doutro xeito, continuaremos realizando novas actividades relacionadas co estudo e coidado da nosa natureza.
Para iso este curso intentaremos estudar en profundidade todo aquilo que ten que ver co estudo de diferentes ecosistemas centrándonos especialmente no ecosistema acuático. E para facelo dun xeito o máis próximo posible elaboraremos no noso patio unha charca á que lle daremos vida!! Esperamos poder contar coa colaboración de todos e todas vós!!
Por outra parte non nos esqueceremos de manter activo o noso horto, cultivando nel diferentes tipos de planatas e verduras. De feito, os nenos e nenas de 1º e 2º curso de educación primaria desenvolveran neste curso un taller específico relacionado co horto no que prepararán, plantarán e coidarán diferentes tipos de plantas.
Xa nos puxemos mans á obra e..., mirade mirade que gañas lle puxemos!!
Plantamos legumes (repolo, brecol e coliflor) e algunha planta máis aromática coma o perexil e o tomiño.
Un bo traballo que en vindeiras semanas continuará!!
Comentarios
Publicar un comentario