Esta vez foi a quenda dos nenos e nenas de 5 anos B que investigaron sobre unha das árbores máis peculiares que temos no patio do cole: O ACIVRO. Traballaron arreo para saber un pouco máis sobre esta árbore que, por certo, se atopa en perigo de extinción. Mirade nestas fotos que ben o fixeron!!! Para rematar elaboraron este vídeo no que nos explican moi ben todo o que aprenderon sobre esta fermosa árbore!!
Chegou a hora de plantar, pero para iso primeiro houbo que preparar o horto. Os encargados de facelo foron os nenos e nenas de segundo de primaria que, coa axuda da brigada de xardinería de BATA, moveron a terra, limpárona de malas herbas e de pedras, e por último alisárona para que quedara lista para que os compañeiros doutros cursos poidan plantar os seus legumes. Por outra banda, e unha vez preparado o horto, os nenos e nenas de cuarto de primaria aplicaron os seus coñecementos matemáticos para dividir o horto en tantas parcelas iguais como niveis educativos temos no cole, quedando o horto repartido desta maneira. Agora que está todo listo é hora de que cada nivel se poña mans á obra e plante na súa parcela os legumes que considere. Ánimo e a plantar!!!!
Os nenos e nenas de 5 anos A investigaron sobre unha das árbores máis habitual dos nosos montes galegos: O CARBALLO!!! No patio do colexio temos un exemplar noviño de carballo que lle serviu a estes cativos para aprender un pouco máis sobre esta árbore. Mirade nestas fotos canto traballaraon. Para rematar, no seguinte vídeo explícannos todo o que debemos saber sobre esta árbore tan típica da nosa comunidade. Mirade que ben o fixeron!!
Comentarios
Publicar un comentario