Entradas

Aprendemos sobre as árbores no monte de A Pastora

Imagen
 No mes de outubro os nenos/as de segundo de primaria decidiron investigar un pouco máis sobre as diferentes árbores que temos na nosa contorna. Para iso non puideron escoller mellor lugar que o monte de A Pastora, o cal destaca pola gran variedade de árbores que nel viven. A parte de aprender moito tamén aproveitaron para disfrutar dunha estupenda mañá na natureza. E para rematar fixádevos no no vídeo que resume a actividade que fixeron os nenos/as de segundo. Vese que o pasaron xenial!!!                                              

Recollemos lixo na Praia da Torre de San Sadurniño e no Espiñeiro

Imagen
 Os nenos/as do cole de San Tomé seguen empeñados en manter libre de lixo os entornos naturais do concello. Esta vez tocoulle á praia da Torre de San Sadurniño e ó Espiñeiro.  Así, no mes de febreiro e de marzo os nenos/as de catro anos e os de cuarto de primaria adicaron parte de dúas mañás a recoller lixo tanto nesta praia coma no Espiñeiro, e como non a disfruar dunha merenda nestass preciosas paraxes.

Visitamos e mantemos limpo o monte de A Pastora

Imagen
 Neste curso tan atípico imos contactar coa natureza aproveitando as zonas naturais que temos na nosa contorna. Para iso, no mes de outubro, comezamos o curso cunha visita dos nenos/as de primeiro de primaria ó monte de A Pastora para investigar un pouco sobre as árbores que forman parte desta paraxe e rematar cun pouco de creatividade facendo arte con elementos da natureza (follas, paus, pedras,...). Pasámolo realmente en grande!!!   Neste mesmo día, e aproveitando o día marabilloso que facía, os nenos/as de catro anos colaboraron a manter limpo este monte facendo unha recollida de lixo, que por certo non era pouco.