Visitamos e mantemos limpo o monte de A Pastora

 Neste curso tan atípico imos contactar coa natureza aproveitando as zonas naturais que temos na nosa contorna. Para iso, no mes de outubro, comezamos o curso cunha visita dos nenos/as de primeiro de primaria ó monte de A Pastora para investigar un pouco sobre as árbores que forman parte desta paraxe e rematar cun pouco de creatividade facendo arte con elementos da natureza (follas, paus, pedras,...). Pasámolo realmente en grande!!!  



















Neste mesmo día, e aproveitando o día marabilloso que facía, os nenos/as de catro anos colaboraron a manter limpo este monte facendo unha recollida de lixo, que por certo non era pouco.













Comentarios

Entradas populares de este blog

A Jacaranda e a Hortensia

Comezamos un novo proxecto!!