Entradas

Quen vive aí?

Imagen
Na mañá de hoxe os alumnos de quinto e sexto de primaria levaron a cabo unha interesantísima actividade organizada por Revitaliza Compostaxe na que puideron comprobar que no compost hai moita vida e unhas cantas especies que habitan nel. Podedes ver agora unhas cantas imaxes

Hai que darlle vida á horta!

Imagen
Entrou a primavera e apetece saír do cole e comezar os traballos na horta. Os alumnos de 2º de primaria romperon o xeo e prantaron fresas e cebolas. Podedes botarlle unha ollada ás imaxes

Resultado do primeiro ano

Imagen
Nesta bonita imaxe podemos ver o resultado deste ano de traballo. Unha zona "morta" do colexio convertida nuha horta fértil e que permite ao alumnado ter una pequeña aula na natureza.

Arrancamos!

Imagen
Aínda que a entrada do CEIP San Tomé en Voz Natura tivo lugar no pasado curso, non foi ata este curso cando demos o salto para publicar as nosas experiencias e divulgalas a través deste blog. A través deste primeiro post faremos un resumo do que foi a actuación que levamos a cabo o pasado curso. O primeiro paso foi escoller una zona abandonada do patio e que apenas tiña uso e tratar de convertila nuha horta onde todas as aulas puideran experimentar. Houbo que traballar máis do previsto, posto que tivemos que retirar numerosos plásticos e área que había debaixo da terra e que impedían mover a terra e convertila en zona fértil. Unha vez pasado o máis duro, quedaba delimitar os diferentes espazos de infantil e primaria poñelos bonitos. Para iso mercamos vallas. Démoslle moita importancia tamén ao composteiro, ubicado xunto á horta para poder ter un acceso rápido e directo ao abono. Mentres, nas aulas, comezaron as plantacións empregando semilleiro...

Comezamos a Andaina

O pasado curso demos o paso de inscribirnos no Programa Voz Natura, o que supuxo un avance na nosa educación medioambiental. Para dar visibilidade ás cousiñas que imos facendo este curso creamos este blog, onde subiremos as novas e imaxes dos traballos que levamos a cabo. A seguir loitando polo medio ambiente!