Nesta bonita imaxe podemos ver o resultado deste ano de traballo. Unha zona "morta" do colexio convertida nuha horta fértil e que permite ao alumnado ter una pequeña aula na natureza.
Os nenos e nenas de 5ºB estiveron investigando sobre A Jacaranda e A Hortensia. Toda a información que obtiveron recollérona nas seguintes fichas técnicas. Remataron a actividade elaborando uns estupendos vídeos nos que recollen o máis importante destas especies.
Esta vez foi a quenda dos nenos e nenas de 5 anos B que investigaron sobre unha das árbores máis peculiares que temos no patio do cole: O ACIVRO. Traballaron arreo para saber un pouco máis sobre esta árbore que, por certo, se atopa en perigo de extinción. Mirade nestas fotos que ben o fixeron!!! Para rematar elaboraron este vídeo no que nos explican moi ben todo o que aprenderon sobre esta fermosa árbore!!
Chegou a hora de plantar, pero para iso primeiro houbo que preparar o horto. Os encargados de facelo foron os nenos e nenas de segundo de primaria que, coa axuda da brigada de xardinería de BATA, moveron a terra, limpárona de malas herbas e de pedras, e por último alisárona para que quedara lista para que os compañeiros doutros cursos poidan plantar os seus legumes. Por outra banda, e unha vez preparado o horto, os nenos e nenas de cuarto de primaria aplicaron os seus coñecementos matemáticos para dividir o horto en tantas parcelas iguais como niveis educativos temos no cole, quedando o horto repartido desta maneira. Agora que está todo listo é hora de que cada nivel se poña mans á obra e plante na súa parcela os legumes que considere. Ánimo e a plantar!!!!
Comentarios
Publicar un comentario