Comezamos un novo proxecto!!
Comezamos un novo curso e, como non podería ser doutro xeito, continuaremos realizando novas actividades relacionadas co estudo e coidado da nosa natureza. Para iso este curso intentaremos estudar en profundidade todo aquilo que ten que ver co estudo de diferentes ecosistemas centrándonos especialmente no ecosistema acuático . E para facelo dun xeito o máis próximo posible elaboraremos no noso patio unha charca á que lle daremos vida!! Esperamos poder contar coa colaboración de todos e todas vós!! Por outra parte non nos esqueceremos de manter activo o noso horto, cultivando nel diferentes tipos de planatas e verduras. De feito, os nenos e nenas de 1º e 2º curso de educación primaria desenvolveran neste curso un taller específico relacionado co horto no que prepararán, plantarán e coidarán diferentes tipos de plantas. Xa nos puxemos mans á obra e..., mirade mirade que gañas lle puxemos!! Preparamos a terra arrincándolle as malas herbas e as pedras! Aporta...