Rematamos o proxecto deste curso!!!
O curso 2020/21 chegou ó seu fin, e con el rematamos o proxecto de Voz Natura deste curso. Para iso, e co fin de que o traballo realizado neste curso en relación coas diferentes árbores do noso patio se poida ver outros anos, rematamos colocando a cada unha das árbores que habitan no patio un letreiro identificativo no que aparece o nome común da especie, o seu nome científico e un código QR que nos enlaza cos diferentes vídeos que cada grupo elaborou e que explican polo miúdo todo aquilo que debemos saber destas árbores. Mirade que ben quedaron!!! Moitas grazas pola vosa participación (nenos e mestres), foi realmente un pracer investigar sobre algo que temos moi preto de nós e co que convivimos todos os días. De cara ó vindeiro curso continuaremos participando en Voz Natura. Esta vez o proxecto xirará en torno á creación dunha charca no noso patio que nos servirá para darlle vida e, ó mesmo tempo, estudar en profundidade o ecosistema acuático (auga doce). De seguro lle sacaremos ...