Observamos a flora e a fauna no entorno do río Umia!

 No mes de maio os nenos e nenas de 3º de primaria (4 de maio) e os de 4º de primaria (5 de maio) fixeron unha das rutas máis fermosas da nosa contorna: A ruta do río Umia.

 

Saíron dende o cole a primeira hora e pasiño a pasiño foron percorrendo ó longo de toda a mañá esta ruta tan fermosa.

 

Nesta actividade estiveron acompañados por Manolo e por Teresa (Aula da natureza da Siradella) ós que lle damos as grazas por axudarnos a coñecer un pouco máis sobre a flora e fauna que habita na contorna desta ruta. 

 

A parte de pasar unha estupenda mañá en plena natureza, o que máis e o que menos voltou ó cole coa mochila cargada de moitas aprendizaxes novas sobre aspectos da natureza que moitas veces pasan desapercibidos para nós.





















Sen dúbida, unha excursión para repetir!!!




  

Comentarios