Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

É tempo de plantar no horto! Mans á obra!!!

Imagen
 Despois de preparar o horto coidadosamente chegou a hora de que nel comecen a medrar os diferentes tipos de plantas que cada nivel decidiu plantar. Nas seguintes fotos podedes observar o excelente traballo dos diferentes cursos dándolle vida ó noso horto! Estes son os nenos e nenas de segundo de primaria que decidiron plantar leitugas, melóns e sandías!  Os de terceiro tamén se puxeron mans á obra. Mirade, mirade!!!

Preparamos o horto da escola.

Imagen
 Chegou a hora de plantar, pero para iso primeiro houbo que preparar o horto. Os encargados de facelo foron os nenos e nenas de segundo de primaria que, coa axuda da brigada de xardinería de BATA, moveron a terra, limpárona de malas herbas e de pedras, e por último alisárona para que quedara lista para que os compañeiros doutros cursos poidan plantar os seus legumes.  Por outra banda, e unha vez preparado o horto, os nenos e nenas de cuarto de primaria aplicaron os seus coñecementos matemáticos para dividir o horto en tantas parcelas iguais como niveis educativos temos no cole, quedando o horto repartido desta maneira. Agora que está todo listo é hora de que cada nivel se poña mans á obra e plante na súa parcela os legumes que considere. Ánimo e a plantar!!!!  

Observamos a flora e a fauna no entorno do río Umia!

Imagen
 No mes de maio os nenos e nenas de 3º de primaria (4 de maio) e os de 4º de primaria (5 de maio) fixeron unha das rutas máis fermosas da nosa contorna: A ruta do río Umia.   Saíron dende o cole a primeira hora e pasiño a pasiño foron percorrendo ó longo de toda a mañá esta ruta tan fermosa.   Nesta actividade estiveron acompañados por Manolo e por Teresa (Aula da natureza da Siradella) ós que lle damos as grazas por axudarnos a coñecer un pouco máis sobre a flora e fauna que habita na contorna desta ruta.    A parte de pasar unha estupenda mañá en plena natureza, o que máis e o que menos voltou ó cole coa mochila cargada de moitas aprendizaxes novas sobre aspectos da natureza que moitas veces pasan desapercibidos para nós. Sen dúbida, unha excursión para repetir!!!