Imos sementar!
Chega a primavera e é tempo de sementar!!!
Todos os nenos/as do cole, dun xeito ou doutro, participarán no proceso de sementar e/ou prantar no horto legumes, prantas,...
Os máis madrugadores foron os de catro anos que xa a comezos de marzo plantaron fresas, sementaron lentellas, fabas e garavanzos que despois levaron para as súas casas.
Os de tres anos tampouco se quedaron atrás xa que desta vez eles preferiron sementar flores. Seguro lucirán espectaculares cando xerminen.
Tamén se animaron os neonos/as de cuatro de primaria que neste caso sementaron cenorias coa idea de que cando xerminen podelas trasplantar ó horto que temos no cole.










































































Comentarios
Publicar un comentario