Aínda que a entrada do CEIP San Tomé en Voz Natura tivo lugar no pasado curso, non foi ata este curso cando demos o salto para publicar as nosas experiencias e divulgalas a través deste blog. A través deste primeiro post faremos un resumo do que foi a actuación que levamos a cabo o pasado curso. O primeiro paso foi escoller una zona abandonada do patio e que apenas tiña uso e tratar de convertila nuha horta onde todas as aulas puideran experimentar. Houbo que traballar máis do previsto, posto que tivemos que retirar numerosos plásticos e área que había debaixo da terra e que impedían mover a terra e convertila en zona fértil. Unha vez pasado o máis duro, quedaba delimitar os diferentes espazos de infantil e primaria poñelos bonitos. Para iso mercamos vallas. Démoslle moita importancia tamén ao composteiro, ubicado xunto á horta para poder ter un acceso rápido e directo ao abono. Mentres, nas aulas, comezaron as plantacións empregando semilleiro...