Entradas

O Pradairo, A Vide e A Hedra

Imagen
Oa alumnos/as de 6º B encargáronse de investigar sobre o O Pradairo, A Vide e A Hedra.  A continuación recóllese este excelente traballo nas diferentes fichas técnicas así como nos vídeos explicativos sobre as características destas tres especies.  

Celebramos o día mundial do medioambiente!

Imagen
Todos os anos o cinco de xuño celébrase o día mundial do medioambiente.  Posto que esa data cadrou en sábado, no cole decidimos celebralo un día antes (o 4 de xuño). Para dita conmemoración os nenos e nenas de infantil e os de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria plantaron unha árbore autóctona por cada aula no parque que está á beira do cole.  Mirade que ben o pasaron ó longo desa mañá!     

É tempo de plantar no horto! Mans á obra!!!

Imagen
 Despois de preparar o horto coidadosamente chegou a hora de que nel comecen a medrar os diferentes tipos de plantas que cada nivel decidiu plantar. Nas seguintes fotos podedes observar o excelente traballo dos diferentes cursos dándolle vida ó noso horto! Estes son os nenos e nenas de segundo de primaria que decidiron plantar leitugas, melóns e sandías!  Os de terceiro tamén se puxeron mans á obra. Mirade, mirade!!!