O Aligustre.
Esta vez foi o turno dos nenos e nenas de 2ºA que investigaron en profundidade sobre unha das árbores das que máis exemplares temos no noso patio: O ALIGUSTRE. Fixádevos nas seguintes fotos canto traballaron e cantas cousas aprenderon desta árbore. Para recoller toda a información desta árbore cada un elaborou a súa propia ficha técnica cos datos máis importantes. Aquí podedes ver algúns exemplos. E para rematar fixeron este fermoso vídeo no que nos explican as características principais do Aligustre. Un traballo fantástico!!