Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

O Ciprés de Lawson.

Imagen
 Esta vez foi a queda dos nenos e nenas de 1ºB que traballaron arreo para coñecer un pouco máis sobre o CIPRÉS DE LAWSON. Nas seguintes fotos podemos ver canto traballaron para coñer un puquiño máis esta árbore. Fixádevos!! Para rematar a actividade realizaron este estupendo vídeo no que nos explican aqueles aspectos que debemos coñecer sobre esta árbore tan fermosa. 

O Xenebreiro.

Imagen
A árbore sobre a que investigaron os nenos e nenas de 2º B foi O XENEBREIRO.   Mirade nas seguintes fotos canto traballaron para aprender cousas novas sobre esta árbore. Ata empregaron un microscopio para observar máis polo miúdo as súas follas! Seguro quedaron impresionados!!!   Para rematar, elaboraron este fermoso vídeo no que nos explican perfectamente todo aquilo que debemos saber sobre o xenebreiro.

Continuamos plantando!!

Imagen
 Esta vez foi o turno dos nenos e nenas de segundo de primaria que se puxeron mans á obra plantando amorodos e fermosas plantas. Incluso fixeron un experimento espectacular con allos para ver moi claramente as diferentes partes dunha planta. Mirade que curioso!!

O Acivro.

Imagen
Esta vez foi a quenda dos nenos e nenas de 5 anos B que investigaron sobre unha das árbores máis peculiares que temos no patio do cole: O ACIVRO. Traballaron arreo para saber un pouco máis sobre esta árbore que, por certo, se atopa en perigo de extinción. Mirade nestas fotos que ben o fixeron!!! Para rematar elaboraron este vídeo no que nos explican moi ben todo o que aprenderon sobre esta fermosa árbore!!

O Carballo.

Imagen
Os nenos e nenas de 5 anos A investigaron sobre unha das árbores máis habitual dos nosos montes galegos: O CARBALLO!!! No patio do colexio temos un exemplar noviño de carballo que lle serviu a estes cativos para aprender un pouco máis sobre esta árbore. Mirade nestas fotos canto traballaraon.   Para rematar, no seguinte vídeo explícannos todo o que debemos saber sobre esta árbore tan típica da nosa comunidade.  Mirade que ben o fixeron!!